O concelleiro non adscrito de Malpica, Luís Ceán xustifica a súa proposta de reducir un 25% o soldo do rexedor, Xosé Ramón Varela Rey (PSOE), en resposta a proposta do alcalde de baixar un 2%. xa que entende que esta “reducción dun 2% é unha auténtica burla. Está cobrando case 4.000 euros o mes e ademáis vai a percibir en concepto de trienios 18.000 euros das arcas do concello”.
Segundo Ceán, o alcalde “quixo engatusar o cidadán facendolle creer que ia a baixar o soldo e agora faise a víctima”. Outro dos motivos que ampara esta iniciativa é “a incompetencia que demostra a hora de xestionar os temas importantes do concello”. Nest sentido vai a presentar unha moción para que eses 11.100 de reducción se destinen a subvencionar os comedores escolares.
Os reproches do edil malpicán van máis alá, e critica que Varela “Non conseguiu formar unha maioría estable e aínda perdiu o apoio de Alfredo Cañizo. Vai a menos”. E tamén asegura que “O alcalde non cumpriu as sías promesas cando lle apoiei os presupostos do ano pasado”, en alusión a unha obras que Ceán “pactara” a cambio do seu voto.
Ceán García solicita o alcalde que se esforce en negociar coa oposición, para sacar os proxectos adiante e aclara que “A miña intención non é obstruir a política municipal, pero o alcalde ten que sentarse coa oposición e chegar a acordos”.