O alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha amosouse convencido en Protagonistas de Punto Radio, de que a crispación xurdida no primeiro pleno ordinario, non beneficia a ningún grupo político, e agarda que os seguintes non sexan tan polémicos. Ucha entende que a pasada sesión "foin un pleno que foi de acomodación e agresividade, onde cada grupo quere manter a súa postura".
Pero ó mesmo tempo de dicir que cree que a postura máis intelixente da oposición sería colaborar co goberno, tamén insistiu de que el mantén "unha posición correcta" e que non vai a varia-la: "Eu non me movo da miña trincheira ata o final. Non necesito andar buscando apoios. O lóxico é que cooperemos, pero eu non vou a rendirme a ninguén e vou tirar cos votos co teño. " O alcalde xalleiro chegou a dicir que no caso de que a oposición se opuxera estaba disposto a gobernar cós orzamentos prorrogados. Ucha pediu a Miguel Pérez "un examen de conciencia", dixo que Eugenio Pichel estaba "escocido", e que ambos tiveran a oportunidade de estar no goberno actual. Sobre Toja, indicou que se excedera na cantidade de preguntas formuladas no pleno "porque haberá máis plenos a non ser que queira descargar ata a último gota de rencor", nun só pleno.
Noutra orde de cousas, o alcalde socialista xalleiro anunciou que xa ten o trato verbal pechado cos veciños de Guisande para a ubicación da depuradora, que en breve espazo se vai a mellorar a cobertura da telefonía móbil e implantar a T.D.T., así como a dotación dun disfibrilidor no centro de saúde. En vindeiros días, manterá xuntanzas con altos cargos da Xunta de Galicia para impulsar algúns dos proxectos que ten previstos.