Alberto Romar iniciará as xestións para que Santa Comba conte cunha Unidade de Documentación

0
950

O concello de Santa Comba e o Sindicato Unificado de Policía unen esforzos para que Santa Comba poida contar cunha Unidade de Documentación da Policía Nacional na localidade.

Así o acordaron recentemente nunha xuntanza celebrada na casa do concello xalleiro, e na que o alcalde Alberto Romar e a primeira tenente de alcalde Noelia Baleato entrevistaronse con representantes do Sindicato Unificado de Policía (SUP)

Alberto Romar comprometeuse a trasladar a petición diante do Ministerio do Interior, mentres que o SUP impulsará ante a Xefatura Superior de Policía de Galicia e diante do Consello de Policía esta petición.

Tanto o goberno local xalleiro como o sindicato policial coinciden en que Santa Comba debe dispoñer dunha Unidade de Documentación na localidade que achegue, ademais un plus en materia de Seguridade Cidadá coa presenza de axentes de Policía Nacional”.

Servizo a 60.000 habitantes

Segundo estas fontes, A Unidade de Documentación de Santa Comba, que permitiría a expedición de DNIe, pasaporte e Tarxeta de Identificación de Estranxeiros daría servizo a unha poboación de 60.000 habitantes e a concellos das comarcas de Xallas, Barcala, Soneira ou Fisterra.

Alberto Romar iniciará as xestións, co Ministerio do Interior, para solicitar que se teña en conta esta petición na futura reforma do catálogo de postos de traballo que leve a cabo a Dirección Xeral da Policía, á vez que o SUP levará a cabo as peticións en leste mesmo sentido, tanto nos órganos da Xefatura Superior de Policía de Galicia, como o Consello de Policía.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí