O Partido Popular denuncia o abandono de Aldea Madeira

0
761

O Partido Popular de Camariñas difundiu un vídeo nas redes socias (Facebook e Instagram) co que denuncia a situación do complexo Aldea Madeira.

“Aldea Madeira, unha mostra da falta de xestión e abandono do PSOE. Os cartos de todos non son para estragar. Levan máis de dúas décadas sen buscar unha solución. Nós temos un proxecto para #aldeamadeira. Nós temos un programa de goberno para Camariñas” escriben os populares que este domingo realizaron unha visita a esta zona.

A candidata do PP, Paula Mouzo, estivo acompañada polo secretario xeral provincial do PP, Evaristo Ben e por membros da candidatura. Con anterioridade participaron nun acto na área recreativa do Ariño, en Xaviña.

ENLACE VIDEO FACEBOOK

https://fb.watch/kHyQ0RePxm/

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí