Alberto Romar: ”Todos vemos que Santa Comba non avanza”

0
3508

“Todos vemos que Santa Comba non avanza, hai deficiencias no núcleo e nas parroquias, ás que non se está dando resposta desde o goberno municipal”.

Así se explicaba o candidato socialista á alcaldía de Santa Comba no programa “A Trencha que se emite desde a plataforma de contidos Adiante Galicia a través de Youtube, Ivoox e Spotify.

Nesta mesma conversa, Alberto Romar, denunciaba o temor que hai entre os traballadores e acusaba directamente á alcaldesa María Pose: ” Ese seguimento que está facendo a Sra. Pose porta por porta intentando que os traballadores non sexan obxectivos e que axuden ao Partido Popular”.

Falou da existencia de “ameazas” e pensa que ”chegou o momento de que os traballadores perdan o medo”. Xa que “o nivel de escurantismo do concello está polas nubes” e os veciños “piden savia nova”.

Neste contexto situou a Radio Xallas “unha radio que funcionaba perfectamente e duns meses para aquí cámbiase toda a organización” para “blanquear a imaxe da señora alcaldesa”.

Alberto Romar ten a lista perfilada e considera “obrigatorio gañar unha maioría absoluta catro anos máis de goberno do PP ou dun bipartito poden ser irremediables para Santa Comba”.

O 12 de novembro terá o seu primeiro acto político en Santa Comba despois desta primeira entrevista nun medio de comunicación como candidato.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí