O espectáculo “Endaterra” representarase o vindeiro sábado 15 de outubro nas instalacións do Conco no concello de Dumbría. A partir das 21,30h.
É unha completa función de música e baile tradicional galego fusionado co teatro, dirixida por Quique Peón, coa participación da agrupación Xacarandaina.
É un percorrido que une a cultura tradicional do Camiño Inglés e do Camiño a Fisterra-Muxía e que recolle elementos dos 18 concellos destas dúas rutas. Xa se presentou, con éxito, o pasado verán no concello de Santa Comba. E tamén recalou no concello de Negreira.
Poden reservarse as entradas no concello de Dumbría ou nas casas culturais deste municipio. Tamén no teléfono 981 744 001
FOTO-ENDATERRA- SANDRA PEREIRA