“Non conseguimos os obxetivos e non estamos satisfeitos”.

0
980

Image
“O Partido Popular ganou inequívocamente as eleccións” asegurou o candidato nacionalista, Manuel Antelo Pazos, destacando os bós resultados do Bloque en concellos como Zas ou Vimianzo. Amouse partidario de abrir unha reflexión e denunciou un acoso por parte dalgúns medios de comunicación.

Na nosa sección de radio estamos preparando un audio coa entrevista completa a Manuel Antelo.

Manuel Antelo Pazos destacou unha victoria do Partido Popular “que apenas incrementa moitos votos pero hai unha baixada  das forzas que compoñían o bipartito”. E aporta como “dato importante” os apoios do Bloque en Vimianzo e Zas. Pero de tódolos xeitos,“Non conseguimos os obxetivos marcados e non estamos satisfeitos” comentaba o responsable do BNG na bisbarra da Costa da Morte.

“Fallou a trasmisión das nosas mensaxes e non fomos capaces de ilusionar o noso electorado e trasladarlle a importancia  dos cambios que realizamos”.

Este foi un dos factores da derrota electoral segundo Antelo, que tamén puxo sobre a mesa a falta dun debate político, e a existencia por parte do Partido Popular “dunha campaña dirixida a minar a moral dos votantes do bipartito”.

Image

Antelo Pazos denunciou que a formación nacionalista “sufriu un acoso tremendo por parte de medios moi influintes no provincia da Coruña que deixa moito para unha ética xornalística”. Despois desta reflexión (en Punto Radio Noroeste), ó entender que se refería a La Voz de Galicia, preguntouselle o político porqué non dicía nomes.

A  APOSTA DE  LA VOZ DE GALICIA.

P- Se se refire a La Voz de Galicia, ¿Porqué non dín nomes?
R-“Aludo a diversos medios. Acaba vostede de referirse a un medio, que calqueira pode ver como o mesmo día da xornada de reflexión, almorzamos cun ristra de noticias contra o BNG que son máis que cuestionables. Sen embargo, o papel que este medio xogou  na trasmisión de información ó respecto os grandes  problemas do candidato do PP pola Coruña, pois non fixeron ningunha referencia. Houbo unha aposta clara.

Manuel Antelo Pazos dicía que había que entrar en análise e  “mirar en que fallamos”. “Non pretendo desmerecer os éxitos de quén os tivo e hai que reflexionar” sentenciaba o político vimiancés.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí