“E necesario que Anxo Quintana sexa o noso Presidente”.

0
619

Image
Esta vez a nosa entrevista é con Manuel Antelo Pazos, candidato do BNG pola Costa da Morte. A entrevista completa podes escoita-la na nosa sección de radio a carta. Antelo afirma que “aspiro a entrar no Parlamento” e tamén que se fixo moito pola zona nestes tres anos e medio.

P- ¿Cal é o teu balance destes anos de bipartito?

Estos anos supuxeron unha grande transformación da Costa da Morte a moitos niveis, comenzando polos servizos sociais e continuando por outro tipo de políticas. Un exemplo é o Xeriátrico que está a piques de inaugurarse en Vimianzo. Ou a apertura de galescolas en Zas ou Muxía ou as que están pendientes de trámites en Cee e Fisterra. Tamén está a creación do sistema galego de benestar ou a política de parques empresariais, xa que co PP nunca se investiu nin un só céntimo e agora temos os polígonos de Cee, Vimianzo, Malpica e máis en previsións. Puxerónse en valor os nosos recursos patrimoniais coa mellora  da prolongación do camiño de Fisterra, que vai a xogar un papel fundamental no Xacobeo, coa construcción de albergues en Mazaricos e Dumbría. O turismo estaba abandonado se ningunha actuación coordinada e agora ténse un órgano de converxencia como é o Consorcio de Turismo da Costa da Morte. E así moitas iniciativas que se fixeron. Fixéronse máis cousas nestes tres anos e medio que nos 15 anos, ou máis porque sempre gobernou, do Partido Popular.

“O PP nunca se investiu nin un só céntimo e agora temos os polígonos de Cee, Vimianzo, Malpica e máis en previsión”

P-¿  E do bipartito porque debemos de escoller ó Bloque?
R-O BNG é precisamente que ten un proxecto máis próximo a xente e a capacidade do que nos e propio, con valentía e sen ataduras. O BNG ten logrado importantes investimentos do Estado con só dous deputados. PP e PSOE dependen de extratexias de fora. O BNG  e a a garantía de defensa dos intereses de Galicia e a nosa forza xenuina. Desde sempre pensamos que canto máis autogoberno haxa, haberá máis benestar e é moi importante que o nacionalismo teña máis poder. Os cidadáns teñen que ver que os compromisos do BNG coa Costa da Morte son visibles. Non só deben de votarnos polo que levamos feito senón tamén polo que somos capaces de facer. E tamén creo que a Costa da Morte necesita unha persona que a represente, cunha dilatada experiencia, de compromiso demostrado a diferentes niveis, con honestidade, e que neste caso, vou ocupando un posto relevante e de saída. Eu aspiro a estar no Parlamento, como aliado e interlocutor da Costa da Morte coa Xunta de Galicia.

“Non só deben de votarnos polo que levamos feito senón tamén polo que somos capaces de facer”.

Image

P- ¿Que opinas do Plan Acuícola?
R-O BNG considera que hai que planificar as actuacións. As propostas do PP causaban un prexuizo importante no territorio e a súa incidencia na dinamización económica era bastante excasa. O Plan Acuícola que se aprobou no Consello da Xunta co apoio do Partido  Socialista ten aspectos que deben de ser correxidos e mellorados. En Camelle non se debe poñer unha planta e en Merexo tampouco. Os nosos socios (PSOE), tiveron dificultades en escoitar   a voz da xente, e non sei se terán algo de xordeira ou necesitan espabilar un pouco a sensibilidade. Aínda falta un tramo importante neste plan, que son os os aspectos concretos e vailles resultar a estas dúas plantas superar ese proceso. Desde a previsión a realidade hai un camiño por percorrer.

“Os nosos socios (PSOE), tiveron dificultades en escoitar   a voz da xente, e non sei se terán algo de xordeira ou necesitan espabilar un pouco a sensibilidade”.

Image

P- Pois pídanos agora o voto se quere….

R-Eu creo que a Costa da Morte está nun momento moi importante logo de que o goberno   bipartito da Xunta de Galicia e nomeadamente nas áreas de goberno do BNG puxeran as bases para sair dunha vez por todas desta situación de atraso e marxinacion.Debemos apostar por este camiño, temos que continuar con esta labor emprendida para homologarnos co resto do país. Ate o de agora era moi difícil que a Costa da Morte contará con galescolas, cun xeriátrico, tiñamos o patrimonio abandonado, os nosos labregos non tiñan un horizonte claro e os mariñeiros tiñan dificultades.  Nestres tres anos e medio houbo cambios que necesitan continuidade.
Hai que facer moito E é necesario que o nacionalismo saia reforzado electoralmente e Anxo Quintana sexa o noso presidente.O BNG non é unha sucursal de partidos de Medir. Pido o voto para o BNG para que podamos presentarnos coa forza suficiente e que a Costa da Morte conte cun representante comprometido como son eu.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí