O líder do Partido Independente comunicará, coincidindo co comenzo da semana próxima, a súa decisión de non integrarse no goberno tripartito que preside o socialista, José Antonio Ucha Velo. Tratase dunha decisión personal, que non secundarán, con toda probabilidade os outros tres concelleiros do seu partido. De tódolos xeitos, e aínda que Miguel Pérez avanza que fará unha oposición leal, o goberno tripartito non gozará de maioría absoluta e necesitará dos apoios do edil independente ou ben dos edís do Partido Popular. Pérez Fernández apoiou co seu voto
a investidura de Ucha, aínda que a súa proposta política era unha alcaldía compartida entre o novo alcalde e máis el. Todo semellaba a que Ucha Velo gobernaría co cómodo apoio de 9 concelleiros, pero finalmente a postura de Miguel Pérez indica que non será así. No seo do Partido Independente existen discrepancias visibles entre o líder da formación e o número dous, Julio Pedro Ferreiro.