O BNG pide melloras no transporte público.

0
533

 

Image
O Bloque nacionalista galego de Vimianzo presentou unha moción orientada a esixir a Xunta de Galicia que se garanta po servizo de transporte público na Costa da Morte e se elabore un plan integral que deseñe unha municación por estrada e a viabilidade do ferrocarril entre Coruña e Corcubión.

 

O voceiro nacionalista Manuel Antelo Pazos propoñe un acordo plenario baseado en instar a Consellería de Política Territorial en que se fagan cumplir as obrigas que as empresas de transporte teñen cos viaxeiros da zona. Ademáispropoñen que se inste a Xunta de Galicia para que se elabore un plan integral de transporte público na Costa da Morte, e que este se encarge de estudiar o deseño dunha vía de alta capacidade que una a bisbarra coa capital de Galicia, a mellora da rede secundaria de estradas, e que contemple unha rede interna de transporte.

Image

Outra proposta dos nacionalistas vimianceses reabre un vello debate, o das comunicacións ferroviarias. Antelo Pazos propoñe que dentro deste posible plan integral se analice a posibilidade de acometer o "ferrocarril das tres cés", que uniría A Coruña- Carballo e Corcubión.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí