Sae a rúa “O tesouro da corsaria”

0
602

rafa

A editoral Tambre-Edelvives acaba de publicar un novo libro do escritor de Ponte do Porto, Rafael Lema. Trátase de “O tesouro da corsaria”.

 

“O tesouro da corsaria” é unha novela de aventuras mariñas que é o remate da súa triloxia sobre corsarios da Costa da Morte na época napoleónica.

 

“O tesouro da corsaria” de novo ten como protagonista a Ambrosio Álvarez Pardiñas, corsario de Camariñas, que nesta ocasión xunta as súas forzas cunha brava muller pirata catalana e outros siareiros para ir ó Caribe polo botín dunha das máis famosas bucaneiras de todo os tempos, Anne Bonney. A novela será presentada en Ponte do Porto este mes de maio e unha parte da venda irá destinada ó proxecto “Mejora de la calidad y oferta educativa del ciclo diversificado del Instituto Tecnológico Quiché de Chichicastenango, Guatemala” que xestiona a ONG Solidaridad, Educación, Desarrollo SED.

 

Con esta obra, o libro número 14 do autor, o autor conclúe o ciclo de novelas de aventuras mariñas para iniciar este ano na mesma editora unha nova triloxía de cabaleiros na época dos Reis Católicos onde o protagonista será Rodrigo Osorio de Moscoso, músico e guerreiro, futuro conde de Altamira, e fillo do capitán irmandiño don Pedro Osorio.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí