Ultimos comentarios
- Foro xeral de Actualidade
Durante el día de hoy, viernes 3 de septiembre, no actualizaremos la s... ... más ... - Foro xeral de Actualidade
COMEZAMOS UN NOVO CURSO OS COMENTARIOS ANTERIORES FORON ELIMINADOS ... más ...
| “Aspiro a ser alcalde de Carballo” |
| Jueves, 29 de Julio de 2010 08:00 | |||
|
Alberto Sueiro cree que pode ser o vindeiro alcalde de Carballo “porque a maioría absoluta non está tan lonxe”.
O Partido Popular de Carballo reuniu ó seu comité que ofreceu o respaldo a Alberto Sueiro como candidato a alcaldía de Carballo. Na comparencia ante os medios de comunicación estiveron presentes o Presidente provincial, Carlos Negreira e o Secretario de Organización, José Manuel Álvarez Campana. Entre o público tamén estaba o exalcalde, Manuel Varela Rey.Carlos Negreira defendeu a Sueiro “como un valor seguro para que Carballo vaia ben”. Rexeitou o actual modelo bipartito de Carballo (BNG-PSOE),“onde os protagonistas son as necesidades propias dos partidos e o único interese é excluir ó PP”.
Alberto Sueiro: “A miña aspiración e ser alcalde de Carballo”
“A única aspiración que teño eu en política e ser alcalde de Carballo” afirmou Alberto Sueiro, contando que nin a responsabilidade de deputado autonómico pesaba máis nel que dirixir ó seu concello. Sinte o seu nomeamento con responsabilidade: “O candidato do PP ten a obligación de ser alcalde de Carballo”. Destacou os excelentes resultados do partido nas dúas últimas convocatorias electorais e pediu o apoio dos membros da xunta local e dos carballeses porque “a maioría absoluta non está tan lonxe”.
Referiuse o goberno de Carballo “ coma un goberno de despilfarro e sueldos escandalosos” e que practica o caciquismo “onde un señor campa as súas anchas e adxudica e desadxudica o seu antoxo”. Sueiro Pastoriza trasmitiu a mensaxe de que van a presentar un bó proxecto para a capital de Bergantiños, e que nos vindeiros comicios vaise a a optar ou polo Bloque ou polo PP.”Nós somos a única alternativa ao Bloque e queremos gobernar con seriedade e formalidade”.
|
Loading...








