Ultimos comentarios

O PPdG reincide coa autovía
Usar puntuación: / 3
MaloBueno 
Martes, 27 de Julio de 2010 18:03

fisterrapp

Deputados do PP visitaron Fisterra onde insistiron nos seus compromisos.

 

Semellaba unha cita repetida de hai varias semanas. Pero os políticos están empeñados en “estirar” a polémica da autovía

En Fisterra, estiveron os deputados Pedro Puy, Manuel Ruíz Rivas, Carlos Negreira, Alberto Sueiro e Marisol Piñeiro. Participaron nun encontro con portavoces da zona. O voceiro parlamentario Ruíz Rivas destacou que “a gran diferenza do bipartito e o actual Goberno na Xunta de Galicia é que a Costa da Morte agora sí vai contar cunha autovía”. Para o voceiro popular “esto é o único que temen os socialistas por elo non deixan de presionar para paralizala co único fin de culpar a este Goberno de algo que fixeron eles”.

 

Volveron a reprochar as “inauguracións falsas” e o “autobombo” do bipartito e afirmaron que o PP concentrouse en desbloquear a vía Carballo-Berdoias e a Vac Berdoias-Cee, xunto co treito Cee-Sardiñeiro.

 

Entre outros, os deputados populares nomearon a adxudicación do proxecto da variante de Carballo e da construción do acceso ao porto de Brens en Cee, o investimento na segunda fase do saneamento de Corcubión, a estación depuradora de Fisterra,ou a promoción dos polígonos de Bertoa en Carballo, Ponteceso, parque de Zas e obras de urbanización no de Cee. Deste xeito a Xunta contempla investimentos en infraestruturas viarias da Costa da Morte por un importe superior aos 300 millóns de euros e na actualidade está a traballar na mellora da construción da máis de 100kms da rede viaria da zona. “Estos son feitos e realidades fronte as políticas de anuncios a bombo e platillo do bipartito que logo non tiñan plasmación” indicou o voceiro popular.

 
Loading...