|
Jueves, 10 de Junio de 2010 15:34 |
|
Sete orquestas, varios vocalistas e unha sorpresa conforman o cartel das festas de Santa Comba.
San Pedro xa ten cartel de festexos, aínda que non está totalmente pechado e está pendiente dunha atracción musical. Pero xa podemos adiantar que o martes 29 de xuño, día do patrón actuarán Paladium (que era Suavecito) e Galilea. O 30 actuarán, Versalles e Aché e o xoves pasarán polo escenario xalleiro París de Noia e Olympus. O venres actuarán varios finalistas do Festival da Canción do Xallas, acompañados por unha orquestra. Na veciña localidade de Castriz actuarán Alarma(28 de xuño) e Cibeles(29 de xuño). Tamén nos informaron de festas en Freixeiro, o domingo 20 de xuño na honra de San Adrián. Actuarán Ciclón e Cibeles.
|