Ultimos comentarios

Fran Allo e Sonia Pazos destacan o nivel do Festival
Usar puntuación: / 41
MaloBueno 
Lunes, 31 de Mayo de 2010 09:39

festixallas2010franesonia Os dous presentadores do Festival do Xallas destacaron a calidade dos participantes nesta nova edición.

 

“Voume cunha sensación marabillosa, de ver o talento que houbo aquí” comentaba en Radio Líder Sonia Pazos nada máis rematar o Festival. “Por momentos puxéronseme os pelos de punta-dixo Sonia- Houbo un altísimo nivel pero en adultos xa foi impresionante”.

festixallas2010soniapazosfran

A artista xalleira pediu os concursantes que se tomaran isto “como un xogo, que non se desanimen e que sigan traballando”. Idéntica visión a de Fran Allo que entende que “isto debe servir como unha experiencia para vindeiros anos. Aquí cada ano hai máis nivel”.

festivallas2010soniapazos

Fran Allo tivo a oportunidade de presentar un dos seus novos temas. “Tiña ganas de presentar esta canción, e anunciou que está preparando un acto de presentación dos seus novos temas, co productor Chema Purón, para o vindeiro mes de xullo (posiblemente o día 9) en Santa Comba.

DSC_1701

Allo, que presentou as semifinais, estivo acompañado no último día por Sonia Pazos, que tamén interpretou unha canción con este seu amigo.

DSC_1708

 
Loading...