O PP critica o estado de abandono de Camelle

0
832

Os populares tamén aseguran que no foron convidados a inauguración da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas.

 

 

O Partido Popular difundiu un comunicado no que expresa o seu malestar “polo que dende o concello, se lle está a facer a poboación Camelle con respeto a Camariñas nesta Semana Santa”.

 

Aseguran que pese ao potencial turístico desta vila que acolle o Museo de Man “as rúas están total abandono. É tal o descuido que presenta, que na entrada nen sequera existe un cartel que indique o nome de Camelle”.

 

 

XXVII Mostra do Encaixe

 

 

O grupo municipal que lidera Mauro Aufiero considera “unha falta de respecto e educación por parte do equipo de goberno que non se invite aos membros da oposición á inauguración da XXVII Mostra do Encaixe”.

 

 

Pensan que é unha mostra tamén da falta de organización despois de 27 edicións da feira artesanal.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí